Baralla de cartas: TUTTY. Un xogo de familias diversas – V. Gallego
14.00€
Tutty, é un xogo de cartas que promove o respecto á diversidade afectiva, sexual e familiar. Contribúe á superación dos prexuízos e estereotipos de xénero ofrecendo modelos alternativos de convivencia. Sobre todo, pretende que nenos e nenas aprendan que as relacións familiares fúndanse no agarimo, o coidado e o respecto.
O XOGO
A Tutty pódese xogar en grupos de dous a catro persoas, e recoméndase a partir dos 8 anos de idade. O obxectivo do xogo é completar unha familia e para iso disponse de 28 personaxes diversos. Unha familia fórmase cun mínimo de 6 personaxes, co que existe unha infinidade de combinacións posibles. A baralla conta tamén con 12 cartas de acción, que representan as cousas que lles ocorren ás familias, por exemplo unha mudanza, un divorcio ou unha enfermidade, e que achegan ao xogo estratexia e fano máis interesante.
A QUEN VAI DIRIXIDO
Tutty vai dirixido a aquelas persoas que busquen xogos non sexistas, que promovan a superación de estereotipos de xénero e que mostren a diversidade ofrecendo novos referentes.
Tutty vai máis aló e contempla tamén un proxecto educativo dirixido a centros escolares.
AUTORÍA
Idea orixinal e deseño do xogo | Juan Lillo Simón e Lalala Editorial
Ilustración e deseño gráfico | Amelia Celaya